4. Cambiar as emocións co movemento
De volta na casa, depois dunha productiva viaxe de traballo e despois de
moreas de mails e tarefas pendentes na oficina, aqui estou de novo diante da
pantalla continuando a escribir sobre o amor, o desamor e as rupturas.
Na publicación anterior falabamos de verbalizar as emocións, de por nome ao que estamos a
sentir. Tras unha ruptura, en xeral os sentimentos son “negativos” (a tristeza,
a rabia, a pena, a decepción...).
Unha vez que temos identificado o sentimento e que somos conscientes de
porqué o estamos a sentir, chega o paso de avanzar na xestión desa emoción. Cómo? Transformándoa.
Facer un “swap”, pasar dunha emoción “negativa” a outra “positiva”,
como por exemplo pasar da tristeza á un estado máis alegre.
Pero cómo
podo cambiar esta tristeza que sinto? Estaraste a preguntar. A resposta é sinxela
-a acción xa é outro cantar, mais depende só de ti-. Podemos cambiar as
emocións de 2 xeitos, movéndonos físicamente e activando pensamentos
positivos. E aquí hai outra boa nova, estes 2 xeitos non son excluíntes
senon complementarios.
MÓVENDONOS
O movemento
cambia a emoción.
Tras unha
ruptura somos un saco de emocións contradictorias. É importante ser conscientes
de que se nos movemos fisicamente seremos capaces de activar o noso organismo e
o noso pensamento, e en consecuencia, mudaremos a emoción.
Esto son procesos químicos nos que se crea serotonina, unha das hormonas da
felicidade. Hai multitude de libros sobre neurociencia que explican este
proceso biolóxico, mais este non é o obxectivo deste artigo. Aquí trátase de darlle
ao interruptor e que se prenda a luz;)
Lembra, MÓVETE E SERÁS FELIZ.
Qué facer? Pois
aquelo que prefiras: practicar algún deporte, como ir ao ximnasio, sair a
correr, montar en bici, facer ioga... andar, pasear por sitios bonitos, limpar
a casa, cortar o céspede, barnizar un moble, pintar unha parede, bailar...
Quedar chorando no sofá nun salón ás escuras non é a mellor opción.
Desfrutemos da luz do día!! E movámonos. A mín persoalmente, axúdame pasear á
beira do mar. Será que o mar tamén axuda a equilibrar as nosas cargas.
Cómo facelo? Iniciando a acción. Dando o
primeiro paso. Levantándote do sofá e ir dar un paseo ata o bar da esquina, por
exemplo.
Cando facelo? Diariamente,
e sempre que o noso estado de ánimo estea baixiño.
O exercicio que che propoño neste post é MOVERTE.
Sigues lembrando o de sorrir, si? Deitate no chan, boca arriba, co corpo
completamente estirado. Agora incorpora o tronco. Ponte de pé. Da un salto e á
vez unha palmada. Déitate de novo no chan. Repíteo 3 veces.
Notas o cambio que produce o movemento no teu sentir? Seguro
que lembras aquilo de “Levántate e anda!”
Anímote a
seguir movéndote e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode
resultar de interese.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario