8. Compartir tempo cos amigos
Quen ten un amigo ten un
tesouro, reza o refrán popular.
E polo tanto, creo firmemente que un dos pasos para recuperarnos
con éxito dunha ruptura é compartir
tempo coa nosa xente querida: coa familia e cos amigos.
Hai quen afirma que nas
rupturas, como un dos momentos difíciles da vida, descubrimos quen son os
verdadeiros amigos. Afortunados aqueles que coma nós cultivan diariamente a
amistade e que gozan dun exército de amigos.
Un amigo de verdade vainos escoitar as
veces que faga falta. Agora ben, se temos a sorte de contar cun grupo de amigos
a mín paréceme interesante quedar con eles individualmente, e así poder
verbalizar as emocións con persoas diferentes, poder ser escoitada en múltiples
ocasións e profundizar tamén nos sentimentos que a túa propia ruptura provoca
nos teus amigos e no que eles sentiron en situacións similares e o cómo se
sinten en xeral na súa vida. Compartir
tempo cos amigos ten un efecto positivo para tódalas partes.
Un amigo de verdade vainos convidar a
compartir tempo xuntos e acompañar
en aquelo que propoñamos. Ir pasear, sair, cine (comedias, de momento desbota
as pelis románticas e os dramas), viaxes... Claro, os nosos amigos teñen vida e
non van estar pendentes todo o tempo de nós -podemos pensar. Agora ben, estarán
ahí sempre que lle fagamos saber que os necesitamos un chisco durante o seu
día.
Convídote a que teñas a liberdade para preguntar
se podes chamar para falar, de canto tempo dispoñen, se están a gusto falando
dese tema.... Chega un momento, que quen xa non precisa falar deste tema, es
ti. E cando chega ese momento? Cando a separación está superada.
O exercicio que propoño neste post é desfrutar da boa compañía. Colle o teléfono, chama a un amigo e propón un plan divertido, que non ten que ser un plan excepcional dun fin de semana. Algo que nunha ocasión me sentou moi ben, nun día calquera, foi sair en bici en grupo, de noite, coa cidade xa iluminada.
Anímote a seguir cultivando as
boas amizades e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir
ben.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario