5. Coa cabeza erguida
Tras escribir
o último post “Cambiar as emocións co movemento” deime conta dun aspecto
importante, que me axudou moito a superar unha separación sentimental, e sobre
o que non escribín. E axudoume non só tras a ruptura, senon en xeral
na vida para sentirme contenta.
E qué é isto? Seguro que a todos nos sona a expresión de que a actitude
na vida é importante. Pois a postura corporal tamén o
é, así que prestemos atención ao noso corpo cando nos movamos.
Lembras o exercicio de sorrir? Pois o exercicio que
propoño hoxe tamén é un exercicio constante. Pois ben, ponte de pé, pon a
espalda recta, os ombreiros cara atrás, a cabeza erguida, a mirada ao frente e
o sorriso na cara. Si? Agora a camiñar, a movernos.
Notas en ti a diferencia desta postura?
Se camiñamos ou se facemos calquera actividade física e adoptamos
unha boa postura corporal, o noso estado de ánimo mellorará.
Anímote a
compartir esta publicación con quen creas que lle pode resultar de interese.
Vémonos no seguinte paso, no
seguinte post.
Comentarios
Publicar un comentario