6. Cambiar as emocións pensando en positivo

Nun post anterior, tratei dun dos 2 xeitos de cambiar a emociòn, por un lado temos o movemento e por outro o pensamento.

O pensamento cambia a emoción.

Se temos pensamentos negativos iremos cara estados emocionais negativos, se pola contra temos pensamentos positivos iremos cara estados emocionais positivos.

Se cando estamos abatidos, tristes somos capaces de levar a nosa mente a pensamentos e a imaxes que nos gustan, que son positivos... crearemos unha nova emoción e seremos capaces de convertir a tristeza en felicidade e a decepción en esperanza.

Vexámolo cun exemplo, se penso que xá non estou compartindo a vida coa miña parella, síntome triste. Se penso nas oportunidades que se me abren de compartir a miña vida cunha persoa que sexa máis acorde co meu estilo de vida, podo crear un sentimento de esperanza, e polo tanto sentir unha certa felicidade.

Qué nos pode axudar a crear pensamentos positivos? Pois a mín axúdame

- Escoitar mensaxes positivas, como por exemplo, os vídeos de youtube de Chopra ou Abraham Hicks
- Ler libros de autocoñecimento que tratan de axudar a ver en positivo, como por exemplo os libros de Mario Alonso Puig.
- Meditacións guiadas.
- Visualizar imaxes agradables, como por exemplo imaxinarnos nun espacio natural e a nosa silueta vela rodeada dunha luz brillante.
- O movemento. O movemento cambia a emoción, e cambia o pensamento da mente.

O exercicio que propoño neste post, é moi sinxelo, ir pasear por un lugar que che gustePasear mantendo unha boa postura.

Mentras paseamos, fixarémonos en todo aquelo que nos guste do paseo (por exemplo, a mín encántame a luz do sol que fai brillar as follas das árbores...). Se un pensamento negativo nos invade, ser conscientes de que o temos, identificalo e levar a mirada a aquelo que nos gusta do que estamos a ver e verbalizalo interiormente:
- gústame a luz do sol que fai brillar as follas das árbores..
-gústame o efecto que ten mín estas cousas bonitas que estou ver...
-qué persoa afortunada son de poder desfrutar da vida con este paseo...

Notas o efecto que teñen estes pensamentos positivos no teu sentir? Let’s be positive

Anímote a seguir movéndote co pensamento positivo e a compartir esta publicación con quen creas que lle pode vir ben.


Vémonos no seguinte paso, no seguinte post.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

10. ¿Manter a amizade tras unha ruptura?

Quen se deita con nenos, levántase mollado

7. Chorar, rir e sorrir