Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

Que o mundo siga

Imaxe
 I Encántame. Teño moitas ganas de sentilo, de sentir o seu aroma, a súa pel, a súa respiración. Compartir tempo. Mirarnos. Compaxinar as nosas respiracións. Descubrirnos coa xema dos dedos, divertirnos coas linguas e facer cóxegas coa punta do nariz. Versión en español Descubrir e desfrutar de cómo apreta. Fundirnos nunha aperta, e que o mundo siga. Entenderémonos? Entendémonos. E que o mundo siga. II Eu sorría. El falaba. El insistía en que a señora, referíndose a mìn, decidìa. E afanábase en reivindicar a iniciativa das mulleres. Chovía. Outra vez falando baixo a choiva, nunha noite de outono.  Eu sorría. E aceleraba lixeiramente o paso. O resgardo desa choiva, douna a entrada dunha casa. A dun afamado escritor, na popular  rùa das letras, en pleno corazón do barrio do arte. E alí, dous artistas, sorrindo, pararon de  falar para descubrir o sabor dos seus bicos. Deses bicos de xeado sobre os que tanto bromearan no verán.  E alí,...

Muller e ciencia

Imaxe
Preparouse un café. Levaba 4 horas na súa mesa de traballo na estación espacial. Non lograba concentrarse. Dixéranlle que o seu nome sonaba no despacho de Pedro Sánchez como ministra de ciencias tras as eleccións do 10N. O que lle faltaba! E aínda non estaba recuperada da discusión que tivera coa súa parella a noite anterior. ¿Cómo puido enterarse dese pequeno desliz durante a súa última viaxe de traballo? Ela era unha muller que desfrutaba con moderación. ¿Por qué ela? Versión en español 08.10.19 clase

Benvida á vida

Imaxe
Por fin ía coñecela.  Ás 2 da tarde divisei a Ría da Coruña, e ao fondo, á dereita, a casa da miña irmá.  Chamei á porta, entrei e coñecín á miña primeira sobriña, Sofía.   5 horas antes subírame a un coche, e conducín polas terras anchas de Castilla, subín ao Cebreiro e serpenteei as estradas galegas.  Estaba feliz. Benvida, Sofía Versión en español

Queira ou non

E agora,  queira ou non,  heite coñecer máis.   ¿E non era esto,  o que eu quería?   Os camiños da vida,  poucas veces se presentan como unha autopista sen peaxe.    Paciencia, divina virtude! Versión en español

Pedín papas

Onte, á noite, por primeira vez na miña vida,  pedìn papas. Parabens, machiño. E gracias. Versión en español

A paciencia

- Qué estàs aprendendo? + A paciencia - E cómo o levas?  + Uffffff Versión en español

¿Qué é para ti a madurez?

Imaxe
- Que é para ti a madurez? - A madurez da froita?- Volvínme cara el preguntando.  Versión en español E cun sorriso debuxado no seu rostro, mentres os seus brazos enlazábanse ao meu corpo, volveu preguntar.  - ¿Que é para ti a madurez dunha persoa?- - ¿A madurez dunha persoa? -  repetì n eu coma susurràndolle ao oìdo - - Para mín a madurez é o feito de 1. xa non mexar na cama. E 2. xestionar os cartos que se gañan para chegar a fin de mes. E cun ràpido bico na fazula, engadín. - A xestión das emocións, se iso, xa a deixamos para outro momento-. O seu sorriso mostraba satisfacción. O seu sorriso desvelaba un pensamento: “Son unha persoa madura”. E creería que xa me tiña no bote. ¿A madurez ?

Quero coñecerte máis

¿Alguén, nalgún momento da vida,  che dixo algo tan bonito como que  quere coñecerte máis? Versión en español

¿Cómo te comportas ante a morte?

Imaxe
Diferentes xeitos de comportarnos ante a morte Polvo es, e en polvo haste converter Todos sabemos que imos morrer, mais non nos terminamos de crer que imos morrer. Ou é que vivimos diariamente sendo conscientes de que imos morrer? Versión en español Morrer é un verbo, Morte o seu sustantivo. Morte, esa palabra que soa forte nos nosos beizos e que en moitas ocasións non queremos escoitar. E moito menos, pronunciar. -           Ela morreu. Dixo ela ao outro lado do teléfono -           Morreu? – preguntou él sorprendido. -           Morreu. Repetiu ela Fin. Non, ante esta conversa nunca estamos ante un FIN, así, a secas. A morte dunha persoa querida ou dunha persoa querida por unha persoa á que queremos ou apreciamos esperta en nós emocións e accións. Ante a morte, Cómo nos sentimos? Cómo actuamos? Cada persoa pode...

As etiquetas: é egoísta

Imaxe
Etiquetar: acción de por etiquetas. En qué momento comezamos a recibir etiquetas? En qué momento comezamos a por etiquetas? Hai verdadeiros profesionais da etiquetaxe a primeira vista, asì como quen coloca o monigote do inocente o 28 de decembro. Versión en español A diferencia estriba en que o monigote é temporal, só válido para o dìa dos inocentes, e a etiqueta permanece, como se pasara a formar parte do noso adn, da nosa configuración xenética. Esa etiqueta imprégnanos. Non sei en que momento da miña vida me colocaron a etiqueta de Egoìsta. Non sei nin o momento nin a persoa que me etiquetou. Puxéronme a etiqueta e eu crecìn toda a miña vida, e traballei, e relacioneime, e quixen, crendo que eu era unha persoa egoìsta. Sí, durante anos vivín coa crenza de que unha das caracterìsticas que me definían como persoa era o egoismo. O MEU egoìsmo fronte à xenerosidade dos DEMÁIS. Os demáis son xenerosos, teñen a cualidade da xenerosidade e eu son unha a...

Quen se deita con nenos, levántase mollado

Imaxe
Cousas de consulta.  Hai un refrán popular que di que quen se deita con nenos, levántase mollado Versión en español   Non sabes como pero un día pasa, e levantácheste mollado. Ti xa hai anos que deixaches de mollar a cama, isto é, de facer pis por ti. Entón pensas en que non te deitaches cun neno. E estás no certo, non te deitaches cun neno senón cun adulto con enuresis nocturna. Entendámonos, cun adulto menor de 48 anos, por exemplo, e non cun adulto maior de 84. ¿E de onde vén esa emisión involuntaria de orinar en adultos?  De nenos que non sentiron todo o apoio dos seus pais.  Resposta do urólogo ao acompañante do paciente, mentres este esperaba polos resultados, e polo paciente.  Que de cousas se aprenden nunha sala de espera dunha clínica calquera nun pobo calquera. Cousas de consulta.