Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

A miña cuarta mudanza en 5 anos

Imaxe
Por fin. Por fin, despois de tres anos de relación, imos vivir xuntos. Para o meu amor, a súa primeira mudanza, para min a cuarta en cinco anos. Teño tanta experiencia que podo encoller os andeis dos libros, as mesas e as cadeiras para que ocupen menos espazo no camión da mudanza. Ben, igual desvarío con só pensar en facer caixas.   A miña amiga Vane recoméndame explorar o método Marie Kondo, por se o podo aplicar a esta mudanza. Que formatee da miña testa esa idea tola de organizar as caixas por espazos -a miña habitación, o meu escritorio, a cociña, o baño, o salón, o armario estilo McGuiver do corredor- e así encher as caixas por temáticas. Versión en español Téxtiles, incluídas cortinas, nunha caixa. Todo o material de oficina, os meus libros e os meus lapis de cores, noutra caixa. Outra caixa con todos os compoñentes eléctricos: cargadores, ladróns, alargadores, lámpadas de reposto…   E despois, organizar as caixas por tamaño e peso. Ela, a miña amiga Vane, se...

Boa esperanza

Sigo sentada Levo máis de catro horas neste sofá gris, nesta casa pequena, neste día chuvioso de primavera, no que parece que o ceo vai caer enriba desta silenciosa cidade. Sinto frío. Versión en español Ata en 4 ocasións, nos 7 últimos días, chamei á empresa que fornece o gasoi da calefacción de todo o edificio e nas 4 ocasións, dixéronme que tardarían un máximo de 2 días en servilo. Outro exemplo de eficacia. Pregúntome como é posible que esas empresas gañen diñeiro co servizo deficiente que prestan, mentres profesionais responsables e eficaces, como o meu noivo autónomo, gañan unha miseria e frítenos a impostos. Será o capitalismo. Taller de escritura. Confinamento. Abril 2020

Haikus desde a ventá

Imaxe
Haikus desde a ventá en tempos de confinamento  Érguese cedo Sen pegadas da xente, pola saúde Ruxir do vento pingueiras e ceo gris,  chove en abril Graciñas a ti, que na casa só ficas. Coidas dos demáis Graciñas a ti, traballador esencial. Coidas dos demáis Versión en español Taller Escritura. Confinamento. Abril 2020

Soño con viaxar soa

Imaxe
Miraba pola fiestra. Árbores, cables eléctricos, escuridade, túnel, luz, prados verdes, casas. Ante a súa mirada cría ter a cinta cinematográfica dos cinemas que pasaba a toda velocidade. Sorriu.  Versión en español Viaxara moito, cría. Varios países europeos e mesmo cruzara o Atlántico en dúas ocasións. A NY no Paso de Ecuador, esa viaxe de universitarios no que se celebra superar a metade dos créditos para poder graduarse, asegurándose así unha viaxe co seus compañeiros que non dependía de terminar a carreira. E a Costa Rica, de lúa de mel.  Nunca viaxara soa. Tivo a oportunidade nunha ocasión. Valorouna e finalmente rexeitouna. Os seus pais, medorentos, insistíanlle en que unha vez terminase o congreso de bioloxía molecular en Frankfurt, regresase a Barcelona cos seus compañeiros de departamento. Que unha moza non podía viaxar soa polos pobos da Selva negra alemá. Que lle conviña aproveitar os seus 25 anos nas praias de levante con outros ricos madrileños. E así, perdeu aqu...

O ovo de Marcos

Imaxe
 - Quen raio me mandou a min aceptar este traballo?- Refunfuñou mentres camiñaba só e semidesnudo por unha zoa dunar desértica. Entre as súas mans parecía soster a luz de Cristo. E á vista, era un simple ovo.      Versión en español      E l quería auto-enganarse -De gaivota- dicíase -Este ovo é de gaivota- Aínda que o tamaño menor a un ovo de calquera galiña, desmentíallo. Así que volvía a dicir para sí -De gorrión. Este ovo é dun gorrión- E a cor branca nuclear do ovo, tamén llo desmentía.      Todo empezou aquela tarde fría de sábado cando soou o teléfono. Alén da liña estaba a seu xefazo, para convidalo a unha copa nunha desas terrazas no tellado que están tan de moda en Madrid.        Marcos, que así se chamaba este bo home que agora erraba semidesnudo, sospeitaba naquel momento que o seu gran xefe quería pedirlle algo. Algo importante, está claro. Tan importante como trasladarse a traballar a Oriente Medio nun p...

Xantar familiar

Imaxe
Baixo as escaleiras. Sorteo multitude de trastes que o meu pai segue acumulando na casa. Óense os berros do meu irmán que lle rifa aos meus sobriños para que senten á mesa. Vese que hai cousas que non cambian. Versión en español Respiro fondo. Deslizo o portal. Fágome notar cun baixiño OLA! A miña irmá, apartando a vista do móbil, pregúntalle á miña nai que fago eu alí. As pernas trémenme.

Sentimentos enfrontados

Imaxe
De mala gana asistín á concentración. Alí estaba ela. Baixo a estatua da xustiza que preside a entrada ao Colexio da Avogacía, a concelleira de medio ambiente e residuos urbanos, -e esposa do actual decano- afanábase en acougar os ánimos dos alí presentes e en explicar as bondades da nova planta de celulosas instalada a escasos 500 metros do Colexio. -A qué político se lle ocorrería tal toleira?- seguía bufando na miña testa. Versión en español A presidenta da asociación da avogacía nova recrimináballe á concelleira que a actual localización non era sostible polos fortes cheiros que desprendía a planta. Sentín angustiado polo clima pouco amable que se podía respirar nesa concentración. Dispoñíame a marchar cando alguén me interpela: - Decano, non lle vai a dicir nada á súa muller?. -Si- réspondolle- que a agardo na casa.