23. Oídos xordos
Acabo de rescatar este pequeno post que eu mesma deixara durmindo a sesta fai xa moito tempo cando empecei a escribir sobre o amor, o desamor e como recuperarse con éxito tras unha ruptura. Nun post anterior, “ Comunicación cero ” escribín sobre o dito popular “ Ollos que non ven corazón que non sente ” en relación a manter o contacto a través das redes sociais tras unha ruptura. Neste post quero escribir sobre outro dos 5 sentidos, non da vista senón do oído, aínda que sexa en sentido figurado. En ocasións, nós mesmos boicoteámonos. Dicímonos a nós mesmos cousas que nos fan dano. E tras unha ruptura sentimental hei visto a persoas dicir cousas pouco bonitas. Cando Dona Mente nos queira gobernar, o conveniente é por en práctica os sentidos e facer oídos xordos . Así que cando nos escoitemos dicir estas 4 frases típicas, fagamos, OÍDOS XORDOS 1.- “ Bótoo/a en falta ”. Seguro? Nooon, en moitas ocasións, durante o duelo tras unha separación sentimental, non bot...