Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

O reflexo dos pés

Imaxe
Os pés son o noso apoio. Os pés enraìzannos à  terra. Os pés son a nosa saùde, ou polo menos os pés representan a nosa saùde. Ou eso é o que defenden moitas teorìas. Ou iso é o que mostran moitas imaxes, imaxes que representan as partes do corpo na pranta dos pés. Calquera consulta de calquera podòlogo, ten un par destas imaxes.  Pé dereito, pé esquerdo. Versión en español Eu non sei se esas teorìas e esas imaxes son certas. Só sei o que me fai lembrar esta imaxe dos meus pés.  Esta imaxe faime lembrar a unha das mellores épocas da miña vida, a unha época de despegue. E os pés estàn perfectos, sans. Pola contra non teño imaxes da época na que os meus pés peor estiveron. Cansos, adoecidos, con durezas e agrietados. ¿Nunca notaches o cansancio? Os meus pés asì estiveron durante unha época na que cada dìa eu ìa esgotando a miña enerxìa vital. ¿Coincidencia? Non, non o creo. Quero manterme san e por iso coido moito aos meus pés. Eles levan todo o p...

A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa

Imaxe
A amizade é xenerosidade, en tempo, en escoita activa No post anterior afirmei que a amizade require confianza e tempo. Si, e tamén falei de adicarnos tempo  a un mesmo, noutro post. E do mesmo xeito que unha parella, unha relación de amizade requiere coidados ao longo do tempo. Nin nunha amizade de 20 anos, desas nas que “somos amigos desde parbulitos” se pode ter a certeza absoluta que esa amizade ha durar sempre. Don’t give anything for granted. Lembra . Versión en español Persoalmente, dun bo amigo, agardo, ademàis de confianza e tempo adicado, unha boa escoita.    E ¿por qué? Porque é o que eu ofrezo coa miña amizade.  Namórame escoitar. E a boa escoita complícase hoxe en día coas RRSS e as cadeas interminables de wassups. Xa sabemos que moita xente nin os lee, e parte dos que as leen non   as entenden. Así atopamonos cun amigo a quen lle propuxeches para quedar a xantar e despois acompañarte a deixar o coche no taller para así volver ...

Un medo ancestral. O abandono ante o embarazo

Imaxe
Dende nova tiña medo a empreñar. Realmente non era un medo a quedarme embarazada senon un medo a sentirme sola no embarazo. Incluso máis alá, era un medo a ser abandonada por estar embarazada.   Versión en español Crin que ese medo fora transmitido polos meus pais. Crino erroneamente durante varios anos. Estaba errada. Nunca me transmitiron tal. Diso deime conta anos máis tarde. Mais a orixe dese medo non é o importante. Para min o importante é a experiencia vivida. A necesidade de liberarme dese medo, desa dor. E a expectativa de me liberar desa dor ao ir premendo nas teclas do teclado deste ordenador. Sexa polo que fora, polo paso dos anos, pola independencia económica, polas relación sentimentais máis sás e seguras, ese medo desapareceu. A lo menos iso foi o que eu pensei antes de cumprir os 29 anos.  Pero a realidade apareceu por sorpresa. Daquela xa tiña superados os 30 anos. De feito, os dous, a miña parella e mais eu, superáramos había xa un tempo os ...

A amizade ¿quéroa? ¿non a quero?

Imaxe
Quen ten un amigo ten un tesouro . Un mantra que se repite. E sobre o que falei no post “ Compartir tempo cos amigos ” Para mín os amigos son esas persoas que nos eliximos mutuamente para compartir a vida, ou polo menos, parte dela. Este concepto que teño eu da amizade, dista do concepto da amizade que teñen outras persoas. Incluso amigos meus teñen un concepto diferente da amizade. Versión en español Cos amigos eu comparto risas e choros, sorrisos e lágrimas. Gústame ver cómo contan comigo, non só para tomar unha caña nun chiringo vendo o solpor no verán senon tamén para confiarme unha decisión importante ou emociòn sentida nun día escuro de inverno. Dende pequena escoitei moitas metáforas relacionadas coa amizade - regar a pranta para que esté bonita, - botar unha achiña ao lume para que se manteña a chama… E agora, xa pasados os 30, non quero metáforas. Dìgoo claramente: Manter unha boa amizade require confianza e tempo. Confianza. A confianza é a ...

To pee or not to pee

Imaxe
To pee or not to pee.  É o título dun capítulo da serie “Sex and the City” no que a protagonista, Carrie Bradshaw , se lía cun político en plena campaña electoral. Tras unha noite de sexo, ese tipo dille que a deixa temporalmente seguindo a recomendación do responsable de comunicación da campaña electoral para evitar que as publicacións de Carrie  nun xornal neoyorkino se relacionasen co político en cuestión.  Quen queira saber o porqué do título, recoméndolle ver ese capítulo da serie. Unha pista: vai dunha práctica sexual. Versión en español A mín, coma a Carrie Bradshaw , tamén me gusta escribir, aínda que eu non me gano a vida nin escribindo nin actuando. Gústame inspirarme nas experiencias Nas experiencias tanto propias como alleas. E deixar fluir a imaxinación. Os posts son prosa baseada nas experiencias. Os posts son literatura. Aínda que a realidade poida superar á ficción, os posts son ficción. Así que home, muller, mollabragas, mozo qu...

¿Chegas a tempo ou eres puntual?

Imaxe
Vinme na obriga de escribir este post. Resulta que dentro dun curso que estou a facer, tiña que presentar un traballo.Sí, eu sí tiña que presentar un traballo, non me ían dar o título dun xeito adaptado coma á archicoñecida expresidenta automómica madrileña nin me ían convalidar os meus estudios universitarios como a P. Casado. Mais esta é outra historia. Versión en español A cuestión aquí é que tiven que presentar un traballo. Un traballo sobre mín. Para o cal era necesario unha avaliación de persoas próximas, no ámbito familiar, persoal e profesional. 3 aspectos positivos e 3 negativos. Soaba ben. O traballo resultoume de grande utilidade, mais esta tamén é outra historia. Á vista das respostas que recibín das persoas próximas a min, decidín ou mellor dito, sentinme na obriga de escribir estas verbas e poder dar o meu parecer. Houbo un aspecto negativo que se repetía e resulta que eu ese aspecto non o considero negativo, senon unha característica da esencia da m...

Responsabilidade. Cando 1 máis 1 suman máis de 2

Imaxe
Versión en Español A responsabilidade é a capacidade de dar resposta. A responsabilidade é a Response Ability. É a capacidade de dar solucións. En atención a esta definición, Quen é responsable? Que é quen de dar resposta ante diferentes situacións? Eu quero responder... EU, eu son. Hai persoas que non queren ningunha responsabilidade. Eu tampouco quixen sempre ter responsabilidades. Non quería ter que ser sempre responsable… ata que aprendín que ser responsable é ser capaz de vivir mellor . Esas persoas que non queriamos responsabilidades, ¿somos persoas irresponsables? ¿ou inmaduras?, ¿ou incapaces?  Poida  que esas persoas que non queriamos responsabilidades simplemente aínda non tiñamos desenvolta a capacidade de dar resposta ás diferentes situacións que a vida nos presentaba nun determinado momento. Poida que non sabiamos responder doutro xeito. Ben seguro que esto non significa que noutro momento da vida non sexamos capaces de dar unha resposta satisfact...

A importancia dos libros

Imaxe
Cando estou a coñecer a alguén e quero manter unha relación, sobre todo se é de parella, teño unha clave para saber se paga minimamente a pena… os seus libros . Insisto, os SEUS.  Non os libros dos seus pais. Nin os libros dos seus compañeiros de piso. Fíxate qué libros TEN. Fíxate qué libro está a ler. Fíxate con qué frecuencia le, e non me refiro aos twits de Cristiano Ronaldo, ou ás novas do xornal – en online, claro- senon aos libros que contan historias en forma de novela ou de poesía, ou  aos libros que transmiten coñecimento. Ten libros? Le? Con qué frecuencia le?   Incluso aquela persoa que somella que le moito, aquela á que se lle supón que le porque criouse nunha casa chea de libros, ou porque ten unha carreira universitaria, ou porque fala constantemente de libros que leu (cando os leu?), porque… pois pode acontecer que durante un período longo de tempo na súa vida, non lea.  E se ese período de abstinencia da lectura coincide ment...

A mentira contamina

Imaxe
Onte fun ver unha peli, "Perfectos Desconocidos". Rin moito. E aparte de rir, fíxome pensar. Fíxome pensar sobre o recurso á mentira e as súas consecuencias. Fíxome pensar en tódalas mentiras que coñezo dentro de parellas e das familias. ¿Paga a pena unha mentira? Eu penso que non. Mais seguro que unha persoa ten un ou máis motivos para faltar á verdade. E por suposto, o motivo non ten porque ser facer dano, mais ben pode ser o contrario, protexer. Ahí atopamos ás famosas mentiras piadosas, aquelas que supostamente se contan para protexer. Versión en español En moitas ocasións podemos pensar que unha mentira piadosa é boa, podemos pensar que a verdade causaralle dor ao receptor e decidimos ocultar parte da verdade e contar esa mentira piadosa… para protexer. Eu sempre me pregunto a quen protexen as mentiras realmente . Pois realmente, dubido que coa mentira se poida protexer a alguén, poida que inicialmente durante uns instantes, máis imposible na totalidade da vida. ...

Vivir nunha grande cidade vs ser da aldea

Imaxe
Este post, é unha continuación do post anterior “ Non teño mozo, teño un amigo ”, que escribín tras preguntarme unha compañeira de viaxe se eu, que son da aldea e vivo nunha grande cidade, notaba a diferencia entre o mundo tradicional das aldeas e a concepción cosmopolita e supostamente aberta da xente da cidade. Ela, como dixen no post anterior, quedou abraiada coa miña resposta, abraiada porque compartía as miñas palabras. Eu centreime só na miña experiencia. Aquí as outras 2 experiencias 3.- Os casados habitación queren Esto pasoume hai ben tempo coa ex familia parisina.   París, outra cidade cosmopolita. Foi nas vacacións. Eu sonche máis de desfrutar no Atlántico ou mesmo no Pacífico. Mais está ben desfrutar de parte das vacacións no Mediterráneo, ainda que sexa coa familia política. Durmín en moitas casas “de aldea” e nunca vira na miña vida a ninguén invadir a intimidade dunha parella.   Sempre vin a todo o mundo respetuoso co espacio que se lle puido ofr...

Non teño mozo, teño un amigo

Imaxe
Eu son da aldea, e podemos crer que na aldea as persoas temos un xeito moito máis tradicional de pensar, que temos moito máis en conta o que os nosos veciños e conveciños dirán de nós, que é moito máis doado facer o que queremos nunha grande cidade…. E blablabla. Se o mundo é un pañuelo, ¿cómo non o vai ser un pañuelo unha cidade na que case sempre nos movemos polos mesmos sitios? Unha amiga, nunha viaxe, preguntoume se eu notaba a diferencia entre o mundo tradicional das aldeas e a concepción cosmopolita e aberta da cidade. Pareime a pensar e respondinlle. Ela estaba atónita coa miña resposta, atónita porque compartía as miñas verbas. Eu centreime só na miña experiencia, en 4 concretamente. Esto foi o que lle contei: 1.- Non teño parella, teño un amigo. Recén estreados os 30 anos, durante o meu primeiro mes en Madrid, compartín un palacete da aristocracia andaluza cunha manchega. Unha das preguntas que me fai na famosa entrevista de selección de “compañeira de piso” é s...

Do xeito de relacionarnos as persoas

Imaxe
Son máis de 20 posts os que escribín desde o inicio deste blog sobre  os pasos para recuperarse con éxito tras unha ruptura sentimental, e aínda hai moitos máis recursos dos que podemos botar man.  Alguen pode pensar que o paso do tempo é suficiente para reporse desa situación. Por suposto que é certo que o tempo todo o cura, o tempo é un grande aliado sempre que empreguemos os recursos axeitados. Para mín, escribir é un bo medio para mellorar na vida. Descubrino hai máis de 10 anos cando o meu nivel de estrés profesional estaba acadando cotas difíciles de superar. E aquí estou, de novo a escribir. Un grupo de amigas anímanme agora a que escriba sobre o Amor e ¿por qué non? Do xeito de relacionarse das persoas  en canto ao compromiso e á diversión.  Pois, ¿non é a diversión un dos motivos polos que vivimos? Desfrutar da vida é para min a resposta recurrente cando me preguntan PARA QUÉ vives? PARA QUÉ fas isto? PARA QUÉ escribes? Para desfrutar…. Así o ...